A nosa adega, acollida á D.O. Rías Baixas, está situada en Terras de Iria, Padrón. Unha zona bañada polo río Ulla e a pouca distancia da Ría de Arousa. Un ámbito natural único, que destaca pola súa historia, moi vinculada á escritora galega Rosalía de Castro, e polo número de espazos arquitectónicos de gran valor que se atopan nos arredores. Os pementos de Herbón ou a lamprea son algúns dos produtos máis famosos da bisbarra e só exemplos da alta calidade enogastronómica que nos rodea.
Proba os nosos viños no lugar onde se elaboran e goza da exuberancia da natureza, os sabores e a rica cultura da zona.