Somos dous mesares da Mariña lucence que se nos deu por facer este verán o camiño portugués, visto a cantidade de xente que o ano pasado nos atopamos no francés. Non tiñamos nin idea deste hotel e foi como un respiro. Ese día estábamos cansos e chegamos ao mediodía cun calor de dor. Para nosa sorpresa dimos cunha boa cama e cunha habitación ben limpa a verdade. O mellor foi que logo dunha longa siesta poidemos darnos un chapuzón na piscina e logo nos metimos unha boa homenaxe nun restaurante que está ao lado do hotel que creo que tamén é deles. Tremendo chuletón o do Asador O Pazo.
Polo que cobran non se pode pedir máis.