O vindeiro sábado comeza o verán en Padrón e no Hotel Scala ímolo recibir como ben se merece. Alóxate connosco e goza destes 5 plans que non podes perder no arranque da tempada estival. Toma nota!
Solpor musical
20/06 ás 20h · Convento do Carme
No atrio da igrexa, déixache levar polo concerto “Agora é o tempo” de Francisco Castro e a Banda dos Borges, unha viaxe sonora do rock ao funkie, o blues e a balada cos Beatles como telón de fondo.
A Ponte Fest
21/06 dende ás 13h · A Ponte do Peregrino
Música e gastronomía agárdante do mediodía con sesión vermú ata a noite con sardiñada e mexilloada. O broche poñerao The Cuncas, coa participación de Eme Music, Simón Vázquez, Kike Varela, Xacobo e Mínimo Eventos.
Recollida de herbas de San Xoán
23/06 ás 18h · Santiaguiño do Monte
Para elaborar o cacho de San Xoán e ficar protexido do mal de ollo, é preciso recoller auga de sete fontes e localizar as herbas que fan falla para completar o rito: xesta, malva, fiuncho, fento, herba luisa, romeu e herbiña.
San Xoán
23/06 ás 21:30h · Extramundi
“Polo San Xoán a sardiña molla o pan”. Goza do 5º Campionato de Chave e Colchonetas ás 18h e, a partir das 21:30h, enche a barriga con sardiñada popular, salta a cacharela e baila a ritmo do Grupo Master con queimada.
Orgullo LGBTIQ+
27/06 durante todo o día · Praza do Patín
Padrón súmase á reivindicación, visibilidade, expresión e respecto ao colectivo co tradicional pregón, actividades para todos os públicos, un obradoiro de Voguing Dance e a Exposición de Referentes Galegos LGBTIQ+.
Reserva agora e inaugura o verán de Padrón: música, tradición e diversidade harmonizado coa mellor cociña local: Asador O’Pazo, Pazo Arretén e Brandal. Participa en todas as actividades de balde e conecta coa comarca e a súa xente!