No Hotel Scala xa estamos listos para recibirte e que desfrutes dunhas celebración de nadal inesquecibles xunto a amigos, familiares ou compañeiros de traballo. A recta final de ano é o momento ideal para reunirse, compartir e saborear momentos especiais, e por iso preparamos dous menús de Nadal espectaculares para estas datas.
Este 22 de setembro arrincou a que, para moitos, é a mellor época do ano: unha estación entre o calor e o frío para vivir a diversidade de cores na natureza, encher a barriga e o corazón contento de boa gastronomía e viño, e percorrer a xeografía galega en ruta na procura de setas, castañas e abelás. Achegámosche tres plans imprescindibles para desfrutar esta tempada co Hotel Scala como punto de encontro e partida para vivir o outono galego.
O vindeiro sábado comeza o verán en Padrón e no Hotel Scala ímolo recibir como ben se merece. Alóxate connosco e goza destes 5 plans que non podes perder no arranque da tempada estival. Toma nota!
Este mes de maio celebramos unha tolería no Grupo Scala. O Asador O’Pazo foi recoñecido como o segundo mellor novo restaurante de Europa pola prestixiosa guía gastronómica Opinionated About Dining (OAD). Capitaneado polos irmáns Manuel e Óscar Vidal, no asador achegamos unha coidada e selecta brasa de carne, pescado e marisco galego con produtos de horta quilómetro cero.
Padrón está de festa, non só pola súa Pascuilla, que acaba este domingo 27 de abril, tamén porque, hai un mes, recibiu o máis alto distintivo da rede “Pueblos Mágicos de España”, a organización que abrangue os concellos que destacan polo seu valor patrimonial, cultural e natural. Dende Hotel Scala, convidámosche redescubrir a nosa vila nesta ponte do Primeiro de Maio!
Este Día do Pai, sorpréndeo cunha experiencia única en familia. En Grupo Hotel Scala preparamos o plan perfecto para que para que compartades xuntos momentos inesquecibles en familia. Segue lendo e toma nota!
Unha das festas máis tradicionais do Entroido, está a piques de comezar! No Hotel Scala estamos a preparar unha noite única para ti, por iso, o sábado 1 de marzo queremos ofrecerche unha cea especial de Entroido cun menú composto polos pratos de tempada, e con DJ, para facer desta noite unha gran festa. Queres saber máis?
Achégase o día dos namorados e no Hotel Scala xa estamos a traballar para que veñas vivir unha velada única coa túa parella o sábado 15 de febreiro. Como cada ano, ofreceremos unha cea especial cun menú deseñado para a ocasión, pensado para que ti e a túa persoa favorita veñades a vivir unha cita inesquecible co noso Grupo Hotel Scala.