Como diría Lady Whistledown nos Bridgerton, “Querido e amable lector, a tempada xa comezou”. Despois de reabrir as nosas portas o pasado 25 de xaneiro, Hotel Scala arrincamos con enerxías renovadas, e non só en sentido figurado. Estreamos cafetería nova, para que volvas reencontrarche cos teus, e damos a benvida a un febreiro cargado de plans, porque se algo tiñamos claro é que a nosa volta debía ser ao grande: San Valentín e Entroido.
O 14 de febreiro vestímonos de gala para ofrecer dúas propostas únicas deseñadas para converter este día nunha experiencia inesquecible. No restaurante do Hotel Scala, comezaremos cunha coidada selección de sabores: camarón, unha delicada mini vieira sobre crema de tubérculos e un refrescante sorbete de amorodo que prepararán o teu padal para os pratos principais: rape á cazola e solombo ibérico, coroado cun cremosito.
A experiencia complétase cunha adega seleccionada para esta ocasión: albariño Pazo Arretén, mencía D’eli, augas e refrescos, café e cava para brindar, sen esquecer a ambientación musical con DJ, o escenario perfecto para celebrar o amor. O prezo é de 65 euros por persoa, e por só 35 euros máis, opción de aloxamento e almorzo buffet para terminar a noite ao grande sen preocuparse por nada.
Quen busque unha proposta diferente, no noso restaurante Brandal ofrecemos unha cea especial con xamón ibérico ao corte, salpicón de bogavante e sorbete de amorodo, seguido de lombo de robaliza con tubérculos e ajada, solombo con crema de teto e un final cremoso. Augas e refrescos incluídos, adega aparte. Unha opción elegante, por 80 euros por persoa. Elixas o que elixas, conseguirás sorprender á túa parella co mellor produto galego.
Ao día seguinte, 15 de febreiro, encherémonos de cor e música para celebrar o noso Entroido, cunha xornada pensada para todas as idades. No menú de adulto, rendemos unha homenaxe á cociña máis nosa nesta época do ano con empanadas variadas de millo, sopa de cocido, cocido do país, orellas e filloas recheas, maridado coa nosa adega. A festa continuará co noso DJ e copas a 6 euros ata a noite. O prezo é de 50 euros por persoa.
Os máis pequenos da casa tamén terán o seu propio espazo de diversión nesta celebración cun menú infantil que inclúe croquetas, pizza, milanesa con patacas, sobremesa e merenda. Ademais, gozarán da animación a cargo de Barallocas, coa súa propia festa, concurso de disfraces e talleres, para que vivan o momento como se merece. Porque a vida é un Entroido, e as penas vanse cantando! O prezo é de 30 euros por neno.
Dúas datas. Dous ambientes. Reserva a túa praza chamando ao 981 811 312 e ven a celebralo connosco.