O leito final do río Ulla e a pedra granítica orixinaria das Terras de Iria son o berce da adega Pazo Arretén, na que elaboramos con mimo viños de uva albariño pertencentes á subzona Ribeira do Ulla da denominación de orixe Rías Baixas.
Os nosos viñedos ocupan 6.5 hectáreas de terreo na leira do histórico Pazo Arretén, erixido polos Bermúdez de Castro no século XVI e lugar que viu nacer á gran escritora galega Rosalía de Castro.
A proximidade ao río Ulla e a escasa distancia que nos separa da Ría de Arousa outórganlle aos nosos viños un carácter especial que os converte nuns dos máis reconocibles de Galicia, compartindo espazo coa lamprea e os pementos de Herbón nunha recoñecida zona enogastronómica como a de Padrón.
Descobre a historia e o sabor de Pazo Arretén, unha experiencia que non poderás esquecer.
Moi preto das antigas portas dos marineros romanos, elaboramos este viño con métodos tradicionais: vendimiamos a man e seleccionamos a uva na nosa parcela, dedicando tempo e talento para escoller só os mellores racimos.
Unha xoia criada na suave terra do pazo de Arretén. Este branco é un viño fresco, equilibrado e elegante. Todas estas calidades nacen do punto natural de acidez tan propia de Galicia, o que converte a Iriensis nun exemplo líquido das virtudes do noso país.
Para elaborar a nosa perla negra, seguimos o proceso tradicional que escollemos como forma de traballo. Seleccionamos as uvas no viñedo e, logo de sometela ao proceso de despalillado, pasa a un depósito de aceiro inoxidable no que se produce a fermentación a temperatura controlada.
A versión en branco da marca D'Eli está seleccionada con coidado no propio viñedo. Logo de recollela, o mosto sométese ao despalillado e despois pasa o proceso de prensado.
Vivir unha experiencia de enoturismo no Pazo Arretén é a actividade perfecta para completar o programa da túa viaxe de grupo, de empresa ou evento. Coñecerás o noso pazo e a súa historia, vinculada á fidalguía galega e á familia materna da gran escritora galega Rosalía de Castro, e descubrirás como se elaboran os nosos viños nunha espectacular contorna natural.
A visita, guiada, pode realizarse en varios idiomas, previa reserva, e inclúe unha cata e a degustación dunha selección de petiscos fríos.
Invitámoste a probar os viños Pazo Arretén no lugar no que se elaboran mentres desfrutas dun entorno de gran relevancia patrimonial, cultural e natural.
Máis información e reservas: 981 811 312 / hotel@hscala.com