Este mes de maio celebramos unha tolería no Grupo Scala. O Asador O'Pazo foi recoñecido como o segundo mellor novo restaurante de Europa pola prestixiosa guía gastronómica Opinionated About Dining (OAD). Capitaneado polos irmáns Manuel e Óscar Vidal, no asador achegamos unha coidada e selecta brasa de carne, pescado e marisco galego con produtos de horta quilómetro cero.
Somos claros. O lume é o protagonista absoluto. Empregamos materias primas excelentes preparadas á brasa sen ir ás presas: “Botámoslle lume ás cousas, non cousas ao lume”. Xunto á carta, tamén contamos co menú degustación Rescaldo, unha decena de pases, dende entrantes ata sobremesas, preparadas con moito mimo onde as ascuas son o fío condutor.
Estamos moi agradecidas por este logro que vén recoñecer o legado da familia. Somos tres xeracións que continuamos ofrecendo un servizo próximo e de calidade nas opcións hostaleiras do grupo. Este galardón súmase á nosa estrela Michelín e dous soles Repsol poñendo en valor a nosa cociña sen artificios dende 2000 con intervención mínima, onde o mar e a terra fúndense co calor.
O Grupo Scala é agora un buque, pero todo comezou dende abaixo hai case medio século, cun pequeno veleiro con Manuel e Elisardo ao mando, cociñeiros que ergueron o Hotel Scala para atender a demanda en Padrón e comarca. Coa axuda de máis dun centenar de profesionais, hoxe somos unha compañía que tamén abrangue o hotel exclusivo Pazo Arretén e o restaurante Brandal.
Somos un dos aloxamentos referentes para o día a día e os momentos máis especiais. Buscas unha parada no teu camiño cun bo xantar? Hotel Scala. Quizais unha comida premium ou de empresa? Brandal. Prefires unha experiencia gourmet? Asador O'Pazo. Ou un plan único nunha finca histórica? Pazo Arretén. Podes gozar da “experiencia scalera” de mil e un xeitos. Que che apetece?
Esta selección europea dos 30 mellores estabelecementos de recente creación foi elaborada cunha escolma de máis de 200.000 recensións de 6.000 persoas que participaron na enquisa. De feito, unha das peculiaridades para confeccionar a singular listaxe foi a importancia da “experiencia gastronómica” no sistema de cualificación, onde Asador O'Pazo destacou pola súa autenticidade. Grazas por acompañarnos!