Este 22 de setembro arrincou a que, para moitos, é a mellor época do ano: unha estación entre o calor e o frío para vivir a diversidade de cores na natureza, encher a barriga e o corazón contento de boa gastronomía e viño, e percorrer a xeografía galega en ruta na procura de setas, castañas e abelás. Achegámosche tres plans imprescindibles para desfrutar esta tempada co Hotel Scala como punto de encontro e partida para vivir o outono galego.
Sendeirismo de todas as cores
Marrón, vermello, laranxa, ocre e amarelo. Vive un abano de tonalidades das follas que caen das árbores en calquera dos parques de Padrón mentres das un tranquilo paseo. Tamén podes subir ao Santiaguiño do Monte e admirar as vistas do Val do Sar, facer a inmortal Ruta Rosaliana, a última etapa do Camiño Portugués ata Santiago ou, en sentido inverso, o Camiño da Pedronía co que coñecer o punto exacto do desembarque sagrado do Apóstolo no municipio.
Se che gusta a micoloxía, o noso concello é ideal para perderse polos bosques e organizar unha recollida de setas e froitos de tempada cos amigos. Goza desta actividade con responsabilidade, consultando a ordenanza local, enchendo o teu cesto só con exemplares identificables e rexeitando os cogomelos máis novos ou que descoñezas, así poderás evitar posibles intoxicacións por fungos e celebrar esta festa natural con seguridade.
Pratos estrela de culler e a vendima
A experiencia gastronómica máis outonal atoparala connosco. No restaurante Brandal, unha cociña clásica galega con materias primas premium, un espazo pensado para un xantar especial de marisco, carne e pescado, por exemplo, o Día de Todos os Santos. Tamén podes optar pola comida caseira de Hotel Scala no Magosto, ou darche un capricho no Asador O’Pazo, que conta cunha proposta gourmet á brasa. Recomendamos reservar mesa con antelación no 981 811 312.
Ademais, podes facer unha cata no hotel Pazo Arretén, agora que estamos no reinado da vendima. Os viños Pazo Arretén, D’eli Finca A Pousa e Iriensis, elaborados con uva albariña que se recolle nos nosos viñedos, teñen un carácter especial pola influencia directa dos ríos Ulla e Sar. Cos versos de Rosalía de Castro de fondo, descubre a historia e o proceso de elaboración do noso produto acompañado dunha selección de pinchos. Agardámosche!