Apetécevos facer un pouco de deporte e desfrutar dunha das vistas máis espectaculares das Rías Baixas? Hoxe traémosvos a ruta de sendeirismo perfecta: trátase da Ruta Pozo Bastón e a posibilidade de rematala no famoso miradoiro de Monte Muralla, inaugurado no verán de 2020 e que se atopa a moi pouca distancia en coche de Padrón e do noso Hotel Scala.
Neste verán tan atípico debido á pandemia do Covid 19, moitas persoas pensan realizar o Camiño de Santiago durante as súas vacacións. Percorrer o roteiro Xacobeo é unha boa opción que, ademais, permítenos viaxar mentres nos desprazamos ao aire libre e en contacto permanente coa natureza durante a maior parte do día.