O entroido galego é, para moitos, o maior evento do ano. En Galicia temos 9 festas de entroido declaradas de Interese Turístico, e unha delas está moi preto de Padrón. Os Xenerais da Ulla, nas provincias da Coruña e Pontevedra, está a un paso de nós. Fuches algunha vez?
O 2021 está a piques de rematar e, aínda que foi un ano complicado, deunos grandes momentos. Ademais, como ben sabemos, o importante non é como se empeza senón como se acaba. E por iso, hoxe querémosche propoñer 3 experiencias inesquecibles para facer na última semana do ano e remontar este 2021. Quédaste a descubrilas?
Achéganse dous dos festivos máis esperados do ano. O 6 e o 8 de decembro son días de descanso para todos, e co martes polo medio, son moitos quen desde este venres gozarán dunha longa ponte. É o teu caso? Con tantos días libres non terás escusa para rexeitar nosa inigualable proposta. Este ano goza dunha inesquecible ponte de decembro por Galicia co Hotel Scala, queda a descubrir como.
A nosa tradicional cea de fin de ano volverá estar convosco unha vez máis para despedir ao 2021 e recibir un 2022 que seguro, que virá cargado de bos momentos. Este 31 de decembro volve un dos días máis importantes para nós e todo un clásico no Hotel Scala, a cea de fin de ano, unha cita que nunca nos cansamos de compartir convosco.
O pasado mes de setembro, Padrón avanzou no proceso de poñerse en valor como unha parte fundamental do Camiño de Santiago. A Asociación Cultural Villa Petroni promoveu o proxecto arqueolóxico, incluído no programa oficial do Xacobeo 2021- 2022, que ten como obxectivo localizar a roca na que se depositou o corpo do Apóstolo Santiago á súa chegada a Galicia. Este estudo, iniciado en abril de 2018 en Padrón, comezou a finais do mes pasado a súa segunda fase. Confirmarase Padrón como Primus Portus Apostoli?