O noso grupo suma máis de 30 anos no mundo da hostelería, unha experiencia que nos converteu en verdadeiros expertos en coñecer as necesidades de cada cliente. Ofrecémosche diferentes opcións para que elixas a que máis se adapte a ti. Escolle a túa habitación e o teu hotel e consulta todos os detalles.
Como queres descansar?
Sexa cal sexa a túa viaxe, temos un espazo pensado para ti.
Goza dun fin de semana romántico, fai o Camiño de Santiago e alóxate con nós, celebra un evento nas nosas instalacións ou pasa uns días rodeado da historia que contan as igrexas, museos e entornos naturais que temos a poucos metros do noso hotel. Dispoñemos de 203 habitacións e amplos salóns que nos permiten ofrecerche o que estás buscando.